sábado, 30 de octubre de 2010

80 Vinilos/h - programa 2

Kikí D´aki. Accidente. Single (Rara Avis, 1983)

Segunda edición do programa 80 Vinilos/h

Neste programa:
  •  METRO - No es extraña? [Mini Lp. Acuario, 1986]
  •  LOS DRAMATICOS - La decisión [Single, Melodías de ayer y de hoy, 1987]
  •  NACHA POP - Antes de que salga el sol [Lp. Nacha Pop, Hispavox, 1980]
  •  PARAISO - Para ti [Single, Zafiro, 1979]
  •  LA MODE - El único juego en la ciudad [Lp. El Eterno Femenino, Nuevos Medios, 1982]
  •  LA MODE - Aquella chica [Lp. El Eterno Femenino, Nuevos Medios, 1982]
  •  LA MODE [Con Daniel Ballester á voz] - Las fans [Inédita en vivo, 1985]
  •  KIKI DAKI - Accidente [Single, Rara Avis, 1983]
  •  KIKI DAKI - El futuro [Maxi, Nuevos Medios, 1984]
  •  KIKI DAKI - Unidad de destino [Maxi, Nuevos Medios, 1984]
  •  KIKI DAKI - Hoy te vi [Lp. Villa Flir, Siesta, 2006]
Selección musical, comentarios e control técnico de son: Pequeno Monstro.
Emision: Rádio FilispiM.




A túa radio está interesada en redifundir este programa?. Contacta co Pequeno Monstro.

domingo, 17 de octubre de 2010

80 Vinilos/h - programa 1

La Mode. La Evolución de las Costumbres. Lp. 1986

Hoxe 17 outubro de 2010 inicio unha nova serie de programas, baixo o título 80 Vinilos/h. A primeira emisora que os emitirá é Rádio FilispiM, libre e comunitaria dende Ferrol (Terra de Trasancos-GZ), aínda que a difusión está aberta a calquera outra emisora non comercial, previa comunicación ao responsábel do espazo, o Pequeno Monstro, quen suscribe.

Antecedentes. "Adictos al Imperdíble" (Radio Popular de Ferrol).
No ano 1983 tiven o meu primeiro contacto coa radio ao través de Radio Popular de Ferrol, que daquela emitía no 88.5 FM no seu pequeno e "santo" estudo da Domus Ecclesia, no bairro de Canido (Ferrol). Aquela experiencia "iniciática" tiña formato de sección dentro do programa Meridiano FM, que apresentaba o daquela Director da emisora, Jesús Maillo. O espazo, Adictos al Imperdible, emitíase nas tarde dos venres e duraba 30 minutos. 

Unha parte da programación daquela añorada Radio Popular de Ferrol, 88.5 FM, consistía na emisión dunha serie de programas enlatados baixo o nome de "La Radio Feliz", producidos por Nonito Pereira dende o seu "laboratorio" en A Coruña. Unha estupenda programación que abraguía unha boa parte da grella da emisora local cuxa produzón propia musical se circunscribía esencialmente ao añorado Música y Estrellas.  Aqueles programas musicais realizados e enlatados nos estudios de La Radio Feliz nada tiñan que envexar ás, daquela, emisións de Radio 3 [RNE]. En moitos daqueles espazos programaban as maquetas das bandas galegas do momento en "estéreo total", fronte ao sinal monofónico que naqueles primeiros 80´s "escupía" o repetidor de Radio 3 (94.5 FM) para a zona de Ferrolterra, polo que a cualidade don son era excelente e a cobertura chegaba até a cidade herculina.

Con todas isas referencias radifónicas (La Radio Feliz, Radio 3, mesmo Radio Cadena Pop) naceu o primeiro programa musicalmente irreverente de Ferrolterra, Adictos al Imperdíble. Ante o asombro do daquela director da Radio Popular de Ferrol, Jesús Maillo, programábamos aos Kaka de Luxe, Siniestro Total, Golpes Bajos, CharolOX Pow, Polansky y el Ardor, La Mode, Los Pistones, Los Modelos... A historia de como tres adolescenes rematamos pinchando e comentando música nos estudios das "ondas populares" na Domus Ecclesia ferrolá será contada noutro capítulo. Jesús Maillo chegou a alcumarnos `adictos al impermeable´, dadas as molladuras que colliamos nos longos invernos camiño á emisora en Canido.

A etapa oitentera en Radio Fene.
En Radio Fene, nos anos 2000, tambén houbo ocasión para realizar unha serie de programas con estas músicas, nunha das etapas de `Divertimento para pequenos monstros´.  Moitos deles foron dixitalizados e subidos ao este blog. Non foron emitidos baixo o nome de 80 Vinilos/h, mais quixen recuperalos para esta serie, polo que tamén os atoparás baixo a etiqueta "80 Vinilos".

Para findar esta pequena historia, a modo de presentación do novo programa que hoxe comeza, 80 Vinilos/h, quero lembrar a dous amigos da adolescencia que me acompañaron naquela primeira e `adictiva´ fermosa experiencia radiofónica, "Adictos al Imperdible": Ángel Ávalos e Pedro Martín, oixinarios do, daquela, nacente bairro de Ultramar. Ámbolos dous marcharon deste mundo demasiado cedo, polo que quero adicar á memoria deles todas e cada unha das edicións desta nova aventura que hoxe comeza a rodar... 80 vinilos/h. Álo donde eles esteades, Ángel e Pedro, seguro que ides gostar.




80 Vinilos/h. Programa nº 1.

Sintonía do Programa: ANA CURRA - Lágrimas, versión instrumental (Maxi Una Noche sin ti. Hispavox, 1986).
  • LA MODE - El Observatorio [Lp. La Evolución de las Costumbres. Nuevos Medios, 1986].
  • LA MODE - En Cualquier Fiesta [Inédita. Programa "La Tarde" - TVE. Directo, cantada por Daniel Ballester].
  • LA MODE - La Evolución de las Costumbres [Inédita. Video TVE. Directo].
  • LA MODE - La Evolución de las Costumbres [Lp. homónimo, 1986].
  • LA MODE - Sueño Oriental [Inédita, 1986].
  • LOS PISTONES - Las Siete Menos Cuarto [Maxi homónimo. MR, 1983].
  • LOS PISTONES - No Estás de Suerte [Maxi Las Siente Menos Cuarto. MR, 1983].
  • EPISODIO - Volverte a Conocer [Maxi Luces de Ciudad. MR, 1982].
  • EPISODIO - Sobre el Mar [Maxi Luces de Ciudad. MR, 1982].
  • METRO - El quiere ser tu zombi [Lp. Metro. Citola, 1982].
Conduce e apresenta: Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol).



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...