miércoles, 10 de febrero de 2010

80 Vinilos (Cap.05) época Radio Fene (2005)

Los Pistones

Capítulo 5 da serie 80 Vinilos, dentro do programa Divertimento para pequenos montros, emitido en Radio Fene no ano 2005.

Neste programa falamos da historia dun dos selos independentes máis interesantes dos 80s, MR, creado por Paco Martín e Julio Ruiz. As iniciais dos seus apelidos conformaron deron nome ao selo, M (Martín) R (Ruiz). Escoitamos unha selección da primeira época deste selo:


  • Episodio (El largo viaje), Los Pistones (Nadie-versión maqueta, Te brillan los ojos), Los Pistones (Las 7 menos cuarto), V2 Berlín (Marquee Moon, versión de Television), Los Modelos (Las gafas negras), 
Xa no final do programa retomamos o pulso ao cenario local, naquel ano 2005: Fer Pinone e Amigos, apresentado `Handle with Care´, e maqueta de banda Kobe

Esta serie de espazos realizados no ano 2005, dentro de Divertimento para pequenos monstros para Radio Fene, son o antecedente de 80 Vinilos/h, programa que autónomamente comezou a funcionar na etapa de Radio FilispiM anos despois e cuxas gravacións atoparedes neste blog.

Conduce e apresenta: Pequeno Monstro.


Nota: os capítulos do 1 ao 4 están actualmente están perdidos, mais tentaremos localizalos e completar esta serie de "históricos" emitidos no 2005 en Radio Fene.

jueves, 4 de febrero de 2010

80 Vinilos [Cap.01] época Radio Fene (2005)

Los Esqueletos
Edición de Divertimento do ano 2005, realizada orixinalmente para Radio Fene, e que hoxe recuperamos para Rádio FilispiM..

Con este programa comezamos unha serie de especiais adicados aos vinilos máis monstrosos da década dos oitenta, según o Pequeno Monstro, polo que nas vindeiras semanas deixarémosvos máis capítulos desta serie, que demos en chamar "80 Vinilos".

Nesta primeira edición::
  • Los Esqueletos (Radio 222, Intrusos en mi jardín, Un poco de diversión).
  • Las Ruedas (Haciendo casas).
  • Minuit Polonia (Radio Rockola).
  • Proyecto Bronwyn (De memoria, Al margen)
  • Fernando Márquez (Unidad de destino).
  • Kiki Daki (Unidad de destino).
Nos últimos quince minutos do programa volvemos ao pretérito perfeito da nosa realidade local e ficamos co Colectivo La Nevera e o grupo La Nev Diva [xérmolo de Misquius].

A vindeira semana un novo capítulo da serie "80 Vinilos", dentro dos históricos de Divertimento, aquí, onde paran os monstros.

Descargar o arquivo (audio caído)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...